XX Conferência Internacional MINOM- ICOM Lisboa-Lugo 22-27 de junho 2020

04.02.2020

XX Conferencia Internacional  MINOM- ICOM

“Cara a unha  museología 4D: social, ambiental, política e economicamentesostible”

Lisboa 22 e 23 de junho 2020 /  Lugo 25, 26 e 27 de xuño 2020

COMITÉ ORGANIZADOR
Tareixa A. Ferreiro Tallón (Vicepresidenta Deputación Provincial de Lugo), Encarna Lago González (Red Museística Diputación Provincial de Lugo), Ana Goy Diz (Centro de Estudio de Historia da Cidade, Universidad de Santiago de Compostela), Mario Chagas (MINOM-Museo de la República de Brasil), Mário Moutinho (MINOM Portugal - Universidad Lusófona de Lisboa).

APOIOS
Cátedra UNESCO “Educação, Cidadania e diversidade Cultural”, Departamento de Museologia da ULHT, Centro de Estudos Interdisciplinares em Educação e Desenvolvimento, Fundação para a Ciência e Tecnologia- CEECIND/04717/2017.

Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC, Cátedra UNESCO de Migracións, Grupo de Investigación Iacobus, Grupo de Investigación Atalaia. Consello Galego de Museos, ICOM España.

REDE COLABORATIVA

Comité Científico, Comité Asesor, Terceiro sector, Persoal Rede Museística.

 

PROGRAMA

LISBOA-PORTUGAL

 

Programa dia 22 de junho

09:30-10:00Abertura da Conferencia. (MINOM ICOM, Rede Museística Provincial de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias, Comissão Nacional da UNESCO).

10:00-10:45Apresentação da Conferência Galaico-portuguesa do MINOM (Encarna Lago – Gerente de la Rede Museística de Lugo & Mário Chagas – Presidente do MINOM

Pausa

11:00-13:00Sessão de trabalho: A UNESCO, os ODS e a responsabilidade social dos Museus. Apresentação do tema Judite Primo, Titular da Cátedra UNESCO “Educação, Cidadania e diversidade Cultural” Grupos de trabalho.

Pausa

15:00-17:00Sessão de trabalho. Por uma visão ecosistémica dos desafios societais contemporâneos. Apresentação do tema Vânia Bryner. Grupos de trabalho.

17:00-18:00Sessão plenária, conclusões dos grupos de trabalho e debate.

 

Programa do dia 23 de junho

9:30-12:00Sessão de trabalho Museus, decolonialidade e Direitos Humanos. Apresentação do Tema Marcele Pereira – Vice presidenta do MINOM & Maristela Simão – Subdiretora do Departamento de Museologia da Universidade Lusófona. Grupos de trabalho

12:15-13:30Sessão Plenária. Conclusões dos grupos de trabalho, debate e encerramento da primeira parte da XIX Conferencia Internacional MINOM-ICOM

Pausa

15:00- 18:00 Visita / debate no percurso pedestre de arte urbana na Quinta do Mocho/ Ação Cultural para a Liberdade.Orientação Claudia Pola

 

LUGO-GALICIA- ESPAÑA

Programa día 25 de xuño // DIMENSIÓN SOCIAL- Sede Museo Provincial de Lugo

8:30.9:00. Café de benvida. Recepción e entrega de material oficial para a XX Conferencia MINOM.

9:00-9:30Presentación Conferencia fratimonial Galaico-Portuguesa de MINOM ( MINOM ICOM, Rede Museística Provincial de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias, Comissão Nacional dá UNESCO). Apertura da Conferencia Vicepresidenta Deputación.

9:30-10:30Conferencia de Mario Chagas -Presidente MINOM Internacional

10:30- 11:45Mesa de traballo 1:Museoloxía e patrimonio accesible. Cara a un deseño por, para e con todxs.

Pausa café

12:00-13:00Experiencia taller “A accesibilidade cultural: un dereito de todxs” a cargo de COGAMI (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo).

Pausa xantar

15:00-16:00Mesa de traballo 2:A interculturalidade e o diálogo interxeracional. Cara a Museos máis sociais.

16:00-17:00Mesa de traballo 3:#Cuestión de xénero. Cara a unha museoloxía responsable, xusta e igualitaria.

17:00-18:00Sesión plenaria. Debate dos grupos de traballo. Conclusións.

19:00Percorrido urbano con cea celebración temática “Arde Lucus 2020”.

 

Programa día 26 de xuño // DIMENSIÓN: AMBIENTAL -Sede Museo Pazo de Tor

10-11:30Mesa de traballo 4:Territorio, comunidade e desenvolvemento cultural sostible. Cara á dimensión ambiental da museoloxía.

11:30-13:00Taller Preparación e cocción de pan comunitario en forno histórico do XVII. Reflexión práctica ao redor de prácticas de consumo sustentable e comunitarias da comarca galega.

Pausa xantar

15:00-17:00 Mesa de traballo 5:A museoloxía e a ecoeficiencia. Unha misión para o presente.

17:00-18:00 Sesión plenaria. Debate dos grupos de traballo. Conclusións.

 

Programa día 27 de xuño // DIMENSIÓNS POLÍTICO-ECONÓMICA -Sede Museo San Paio de Narla

10:00-11:30Mesa de Traballo 6:A “Museoloxía da Acción” e a aprendizaxe transformativa. Un reto de futuro.

Pausa café

12:00-13:00. Sementado colectivo de liño e carballos. Valorización de antigas prácticas de agricultura sostible como parte do patrimonio tanxible e intanxible da comarca galega.

Pausa xantar

15:00-17:00Sesión plenaria. Debate e conclusións finais dos grupos de traballo da segunda parte da XX Conferencia Internacional MINOM- ICOM. Redacción colectiva da Declaratoria MINOM- ICOM Lisboa+Lugo 2020 como antesala do próximo Coloquio Internacional de Museoloxía crítica, social e participativa en Santiago de Chile, xullo 2020.

18:00Palabras de clausura conferencia MINOM en Lugo ( ICOM, Rede Museística Provincial de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias, Cátedra UNESCO).

19:00Tapeo dos desexos “Horizontes de MINOM-Cara a un futuro en rede”

 

Mesas de traballo

O propósito das mesas de traballo é promover o diálogo entre os seus participantes de maneira guiada, coherente e crítica para analizar temas específicos relacionados cos Museos, a Museoloxía Social e a temática proposta pola XX Conferencia Internacional MINOM- ICOM.

O principal obxectivo é obter conclusións que se concreten en directrices, recomendacións ou declaracións sobre a temática tratada nas mesas.

Cada unha delas conta con unx ou dúas moderadorxs cuxo papel é o de organizar a discusión ao redor das liñas de traballo e o de relatar, nunha sesión plenaria final a información derivada da análise realizada polo grupo.

Propostas de Mesas de traballo

 

25.06 Dimensión social

10:30- 11:30 Mesa de traballo 1

Tema:Museoloxía e patrimonio accesibles. Cara a un deseño por, para e con todxs.

Esta primeira mesa de traballo pretende profundar nunha das grandes preocupacións da museoloxía: a comunicación coa sociedade e, con esta, na accesibilidade universal dos seus espazos e os seus contidos.

Preguntas orientadoras:

1. ¿Son os Museos accesibles?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para facer accesibles os Museos?

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir a accesibilidade universal dos Museos?

 

12:00- 13:00 Mesa de traballo 2

Tema:A interculturalidade e o diálogo interxeracional. Cara a Museos máis sociais.

Cunha sociedade cada vez máis cambiante e multicultural esta mesa de traballo pretende profundar na dimensión intercultural do Museo e da museoloxía como elemento de conexión e fomento das relacións entre culturas e grupos sociais.

Preguntas orientadoras:

1. ¿Está a museoloxía promovendo o diálogo intercultural e interxeracional?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para implementar o diálogo intercultural e interxeracional nos Museos?

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir uns Museos máis sociais?

 

15:00- 17:00 Mesa de traballo 3

Tema: #Cuestión de xénero. Cara a unha museoloxía responsable, xusta e igualitaria.

Esta mesa de traballo pretende profundar na responsabilidade social dos Museos como axentes directos de cambio e transformación cara a sociedades máis xustas e igualitarias.

Preguntas orientadoras:

1. ¿Están os Museos respectando as leis de igualdade e aceptando a súa responsabilidade social?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para implementar a igualdade de xénero nos Museos? (Sobreenténdese que nas súas múltiples esferas: discurso, linguaxe, colección permanente e temporais, recursos humanos, etc.)

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir uns Museos responsables, xustos e igualitarios?

 

26.06 DIMENSIÓN AMBIENTAL

10:00 - 12:00 Mesa de traballo 4

Tema:Territorio, comunidade e desenvolvemento cultural sostible. Cara á dimensión ambiental da museoloxía.

Intimamente ligado co patrimonio do cotián como territorio e ao desenvolvemento cultural sostible, esta mesa de traballo pretende profundar na dimensión ambiental da museoloxía e nas sinerxias entre territorio, comunidade e patrimonio.

Preguntas orientadoras:

1. ¿ Está a museoloxía creando sinerxias entre o patrimonio, o territorio e a comunidade?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para implementar a dimensión ambiental e o desenvolvemento cultural sostible?

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir a sustentabilidade cultural plena?

 

15:00 - 17:00 Mesa de traballo 5

Tema:A museoloxía e a ecoeficiencia. Unha misión para opresente Esta mesa de traballo pretende profundar nas accións que a museoloxía e os seus profesionais deben realizar xa, tanto en modos como en medios, a favor da sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente.

Preguntas orientadoras:

1. ¿Que fai a museoloxía pola sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para implementar a sustentabilidade ambiental? (Sobreenténdese que nas súas múltiples esferas: departamentos, recursos funxibles e non funxibles, materiais, soportes, etc.)

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir a ecoeficiencia?

 

27.06 DIMENSIÓNS POLÍTICO-ECONÓMICA

10:00- 12:00 Mesa de traballo 6

Tema:A “Museoloxía da Acción” e a aprendizaxe transformativo. Un reto de futuro.

Parafraseando a Teresa Scheiner; na esencia política do Museo -fundamentalmente libre, dinámico e plural- a Museoloxía revélase como unha instancia que permite actuar no real, para transformalo positivamente, traducindo por medio da praxe as expresións lexítimas do desexo humano de liberdade, xustiza e dereito á igualdade. “ Museoloxía da Acción”, non é mera praxe, senón acción transformadora capaz de desvelar para individuos e sociedades a súa potencia. Esta mesa pretende profundar sobre os retos de futuro da propia acción museolóxica, a museoloxía social e a aprendizaxe transformativa.

Preguntas orientadoras:

1. ¿ Cal é o presente da museoloxía social?

2. ¿Que accións estamos a levar a cabo para implementar a “Museoloxía da Acción”? (Sobreenténdese que nas súas múltiples esferas: departamentos, recursos funxibles e non funxibles, materiais, soportes, etc.)

3. ¿Que estratexias debemos despregar para conseguir a aprendizaxe transformativa?

INSCRICIÓNS

Nº de prazas: limitado.

Envíe un e-mail aXXconferenciaMINOM@gmail.comno que explique os motivos polos que desexa participar xunto cos datos persoais (nome e apelidosenderezo electrónico e número de teléfono) e indicando onde desexa participar (Lisboa, Lugo ou ambos os sitios).

Galeria